Retratos, papeis e visitas guiadas conforman a axenda expositiva desta semana

Mostras vistas

12/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O roteiro de creación de Santiago chega ao seu fin. Ademais das intervencións nos obradoiros dos creadores que se manteñen abertas ata o domingo, haberá visitas guiadas por San Pedro e pola arquitectura contemporánea da cidade. Canda eles, a galería santiaguesa Goran Govorcin Contemporary pecha a temporada coa exposición do artista galego Fran Bobadilla. Con Última páxina dun diario preséntase o universo de papel no que o artista afincado en Italia reflexiona sobre a memoria e o mundo do surreal. Ademais, son os últimos días nos que se pode ver en Santiago a obra de Álvaro Negro en SCQ, que dará paso a Alfonso Mato o vindeiro día 24.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Negro, Alfonso Mato, San Pedro, Galería...

Claves

Lugares