A terceira edición da Semana do Patrimonio Invisible de Santiago ven de presentar os seus 10 espazos propostos para visitar na cidade. Este programa de acceso a edificios e lugares pouco coñecidos ou habitualmente pechados ás visitas na cidade ten unha gran aceptación cada ano e tamén se está a levar a cabo con éxito noutras vilas, coma en Pontevedra. Para as visitas aos edificios este ano programaranse ata 50 visitas que, cun máximo de 10 persoas sempre condicionado polas posibilidades de cada lugar, permitirán coñecer dez lugares da cidade moi pouco habituais. Como novidades máis salientables, este ano inclúese a visita a un edificio de arquitectura contemporánea, outro de tradición industrial e tamén un percorrido polos mananciais e a arquitectura da auga da capital galega, todos eles ademais fóra do casco antigo. A celebración inclúe ademais a Noite do Patrimonio, organizada polo Grupo de Cidades Patrimonio de España, que se celebra o día 12 simultaneamente nas Cidades Patrimonio da UNESCO. A xornada celebrarase cunha serie de visitas guiadas aos obradoiros de artesáns, nos que se poderá coñecer de primeira man os seus procesos de traballo. Haberá tamén unha visita guiada ao Colexio dos Irlandeses e un itinerario teatralizado centrado na figura do arquitecto barroco Domingo Antonio de Andrade (Cee,1639 -Santiago de Compostela, 1712) , sumándose así á celebración do día das Artes que este ano o homenaxeou. A xornada finalizará no Museo do Pobo Galego e incluirá a estrea alí da peza de danza Conjurando lo invisible a cargo da artista Aida Colmenero.
A meirande parte dos dez edificios que se poderán descubrir este ano coas visitas guiadas que ofrece a Semana do Patrimonio Invisible xa formaban parte das edicións anteriores e foi o seu grande éxito de acpetación o que os fai repetir este ano. Tal é o caso do Hostal dos Reis Católicos, a Casa Gótica, o Pazo de Amarante, o Colexio do Irlandeses (Pazo de Remirás), o Hospital de San Roque e a Capela das Ánimas. Como novidades nestes percorridos, este 2020 poderán visitarse tamén o Colexio Fonseca, accedendo a estancias pouco vistas coma o Salón Nobre ou a Biblioteca Médica; o edifico da Fundación Laboral de la Construción de Galicia, unha mostra de tradición industrial nunha antiga curtidora na zona do Romaño; a visita mencionada aos antigos mananciais de Fonte Branca e Ponte Mantible para coñecer de primeira man os puntos orixinais da arquitectura da auga da cidade e finalmente a Sede da Fundación SGAE, un edificio de arquitectura contemporánea no barrio de Vistalegre. A programación de visitas xa está dispoñible na web da Semana do patrimonio invisible e a partires do mércores poderán efectuarse as reservas.