O CGAC estende a programación actual con varias actividades

Visitas guiadas e seminarios acompañan as exposicións actuais

23/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Coa programación para 2013 aínda sen confirmar, o Centro Galego de Arte Contemporáneo comeza o ano tirando das exposicións presentes. A curto prazo, ofrecerá visitas guiadas por elas a cargo de profesionais do ámbito cultural e artístico. Non serán as únicas actividades que xiren arredor das mostras actuais, xa que Fernando Casás, artista do que se exhibe unha retrospectiva, estará presente no marco do Seminario: “Arte e subxectividade” que pretende evitar que se cree unha vía única de pensamento sobre o universo artístico. Sobre a exposicion de Casás, tamén haberá un taller experimental de arquitectura. Será en colaboración co Colexio de Arquitectos con quen desenvolverá outro seminario, Sen moverte do sofá, dirixido a nenos para que descobran os parecidos e as diferenzas entre as cidades (a súa historia, estrutura, modelos de crecemento e singularidades) e poidan entender, de xeito global, os lugares que habitamos.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Fernando Casás, Arquitectura, Colexio de Arquitectos...