Santiago busca no microteatro formas de divulgar a súa programación

Trece propostas para os primeiros cinco meses do ano en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O concello de Santiago busca novos públicos e vías de colaboración para a súa programación de artes escénicas. Por iso, acaba de atopar unha fórmula co recinto cultural máis novo de Santiago: A regadeira de Adela, unha casa de microteatro. O formato consiste en facer pequenos pases de microteatro de obras que logo se representarán no Teatro Principal. Il Maquinario Teatro ou Sudhum Teatro serán as compañías que utilicen este formato. Canda estas propostas haberá un total de 13 iniciativas que conforman a programación deste primeiro semestre.

No avance de programación do semestre hai gran variedade de propostas que van desde obras ben coñecidas polo público como son as función de Luces de bohemia e Vodas de Sangue, canda estreas como Waltz de Voadora (que abre esta fin de semana a proposta con Tokio3) ou Divina Garbo na que Roberto Cordovani reflexiona sobre o mito de Garbo. Destaca tamén na programación a presenza dunha compañía nova como é Ilmaquinario Teatro co seu Home almofada e Gaivotas subterráneas a primeira coprodución teatral na que participa Voz Audiovisual.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Artes Escénicas, Concello de Santiago, Voadora...