Arrinca a programación de A regadeira de Adela, unha proposta de microteatro

Danza e teatro en pílulas de 15 minutos para un máximo de 15 persoas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Voador ofrecerá a microfunción Happy End

Voador ofrecerá a microfunción Happy End

Cando Adela Steiner abría as portas da súa casa a amigos e coñecidos para pasar un bo rato facendo teatro, non pensaría que estaría sendo fonte de inspiración a creadores culturais décadas despois. Daquela experiencia personal, nace A regadeira de Adela que hoxe arrinca coa súa programación. Faino seguindo dúas regras xerais: tres espectáculos, tres espazos, tres euros e un máximo de quince minutos.

A programación desta particular casa de microteatro arrinca cuna proposta a cargo de Clara Gayo que baixo o título de Francotirador, representa unha forma de levar todo por diante. Noutra das habitacións da casa, no salón, Voadora presenta un microespectáculo Happy End do que di “ben está o que ben acaba, pero ás veces polo camiño que mal se pasa”. Remata a primeira programación con danza, Paula Quintas baila no roupeiro da casa Breakfast Accumulation, unha “Unha invitación a percorrer un tempo surrealista, unha homenaxe a Meret Oppenheim”.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Paula Quintas, Clara Gayo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos