Abre en Santiago, A regadeira de adela un proxecto de microteatro “doméstico”

Danza, música e teatro conforman a programación que arrinca o vindeiro día 15

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Abre en Santiago, A regadeira de adela un proxecto de microteatro “doméstico”

Nos anos cincuenta vivía en Santiago Adela, unha muller en cuxa casa se facían pequenos espectáculos de teatro, recitais de poesía…e outras actividades culturais. O espírito desas xuntanzas é o que Antón Coucheiro, Alfonso Medina e Olaia recuperan para montar en Santiago A regadeira de Adela, unha casa de microartes que ofrecerá funcións culturais pero nun formato de breve duración, de 15 minutos. A proposta abre as súas portas ao público este sábado 10, con microvisitas guiadas (polo salón, o roupeiro e a alcoba), aínda que a programación comezará o vindeiro venres 15 de novembro.

Non é un formato novo, outras cidades como Madrid ou A Coruña levan un tempo traballando en locais nos que se proxectan espectáculos teatrais de moi curta duración (un máximo de 15 minutos). Sen embargo, o proxecto que arrinca esta fin de semana en Santiago ten certas diferenzas cos outros modelos. “En primeiro lugar porque nós, en lugar dun baixo, o que decidimos foi facelo nunha casa” explica Coucheiro que está ultimando o proceso de adaptación “vintage” do espazo. Acollerán funcións no salón, o roupeiro e a alcoba e “se o proxecto tamén no baño” asegura Coucheiro. A segunda gran diferenza deste novo espazo é que “non se reduce só ao teatro, xa que nós estamos apostando porque sexa teatro, circo, performance... danza, que serán artes escénicas”.

A programación arrincará o vindeiro 15 de novembro con tres propostas. Unha de teatro a cargo de de Clara Gayo na alcoba (20:30, 21:00 e 21:30 horas), un espectáculo musical de Voadora no salón (20:45, 21:15 e 21:45) e unha función de danza a cargo de Paula Quintas (21:00, 21:30 e 22:00 horas) no roupeiro. E os sábados a compañía “The Momemnto Impro” ofrecerá espectáculos de microimprovisacións (22:30, 23.00 e 23:30 horas). A programación, que xa está pechada para os vindeiros meses, oferta funcións os venres, sábados e domingos a 3 euros cada peza.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Espectáculo, Antón Coucheiro...