A Rede Galega de Salas acollerá 58 espectáculos ata xuño

Vinte e oito compañías xirarán polos cinco espazos que participan deste circuíto

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Gurugú e Teatro del Andamio na Coruña, Ingrávida do Porriño, Fundación SGAE de Santiago e Teatro Ensalle en Vigo. Os cinco espazos escénicos que fan parte da Rede Galega de Salas programarán ata o vindeiro mes de xuño un total de 58 funcións escénicas ao abeiro deste circuíto que promove a Axencia Galega das Industrias Culturais. En total serán 28 as compañías que xirarán por estes espazos. Segundo adianta AGADIC, arredor do 65% das propostas que se representarán están orientadas ao público infantil e familiar. O programa conta cun orzamento de 28.500 euros para este primeiro semestre do ano.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Galega de Salas, Teatro, Fundación SGAE, Axencia Galega das Industrias Culturais...