Tesouros en cera

A Biblioteca Nacional conserva o rexistro sonoro dunha muiñeira de 1902

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cilindro de Cera marca Edison de 1904

Cilindro de Cera marca Edison de 1904

Un cilindro de cera, gravado en 1902 por un tal Señor Campos para La Fonográfica Madrileña. Este é o tesouro da nosa música que se conserva nos fondos da Biblioteca Nacional e que agora se pode escoitar directamente na rede. Muñeira é o título dunha gravación realizada ao vivo e na que a voz semella acompañada por un piano. Segundo recolle o web da discográfica Ouvirmos, que deu conta do achado, este é o terceiro cilindro desta época que se coñece, canda a outro que recolle o tema Meus Amores do Señor Tabuyo e mais La Meiga de Guridi.

Os cilindros de cera mineral foron un dos xeitos máis habituais de realizar gravacións sonoras antes da popularización dos discos.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 1 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca Nacional

Claves