Falece Raúl Piñeiro, produtor e divulgador do folk

Fora director de festivais como os de Ortigueira ou Moaña

2/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A morte sorprendía a Raúl Piñeiro o pasado 27 novembro na súa casa familiar de Alongos, en Toén. Produtor, manager e divulgador da música folk, Piñeiro desenvolveu un importante labor na difusión internacional dos sons de raíz galega, sendo un dos responsables da recuperación do Festival de Ortigueira, que chegou a dirixir, ou do desenvolvemento do de Moaña. Ademais, coordinou os congresos o Mundo da Gaita e deu a coñecer no noso país moitos dos músicos do folk irlandés e de Bretaña, onde tiña abondosos contactos.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Ortigueira, Moaña, Morte...

Claves

Conceptos