Anxo Lorenzo explora os límites da gaita en Confuxón

O artista de Moaña actuará no vindeiro Festival de Ortigueira

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Anxo Lorenzo explora os límites da gaita en Confuxón

Melodías dos países celtas interpretados con gaita e whistles e acompañados polo irlandés Eoghan Neff no violín e o galego Xosé Liz na guitarra. Esta é a proposta de Anxo Lorenzo para o seu novo disco Confuxón, na que o gaiteiro do morrazo continúa coa súa aposta polos sons acústicos e pola experimentación co instrumento. Un total de seis temas cheos de ritmo chegan agora da man de Zouma Records ás tendas físicas e dixitais. Logo da presentación oficial do traballo, este 24 de abril en Moaña, o gaiteiro visitará a Foliada de Melide o vindeiro día 26. Ademais, confirmouse xa a presenza do artista na vindeira edición do Festival de Ortigueira.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Budiño lanza Sotaque

Budiño lanza Sotaque

O sexto disco do gaiteiro, cheo de colaboracións, chega o 23 de abril

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxo Lorenzo, Festival de Ortigueira, Moaña, Xosé Liz...