Anxo Lorenzo pasa do eléctrico ao hindú

O gaiteiro de Spírito 986 debuta en solitario cun disco acústico

3/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Fonte: esmerArte. servicios artísticos

Tirán a parroquia de Moaña da que é orixinario, sérvelle a Anxo Lorenzo de título para o seu debut discográfico en solitario. O ex-membro do grupo vigués Spíritu 986 abandona nesta nova andaina a fusión da gaita coa música electrónica e presenta once temas completamente acústicos. No entanto, e segundo explica o autor non renuncia a "buscar sons diferentes e a experimentar coas posibilidades da gaita, empregándoa en novas escalas ou con recursos pouco empregados". Dentro desta vontade experimental, no seu primeiro disco atopamos desde un vals venezolano ata temas nos que a gaita se mestura cos sons hindús. Entre os colabores, nomes como Pancho Álvarez, Kathryn Tickell, Luís Peixoto ou o colectivo Om/Off acubillan este lanzamento.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxo Lorenzo, Moaña

Claves

Protagonistas
Lugares