Os Premios Opinión da Música de Raíz recoñecen o Festival de Ortigueira

Zumaque levou o galardón ao tema orixinal e ao mellor artista e Carme Penim o de mellor adaptación

24/5/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Palmarés dos XX Premios Opinión. Fotografía de Carlos Pardellas para La Opinión.

A vixésima edición dos Premios Opinión de Música de Raíz celebrou na noite do venres 21 de maio a súa gala. Na mesma, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira recibiu o premio Andaina Senlleira en recoñecemento ao seu labor a prol deste tipo de música ao longo das súas trinta e cinco edición. No fallo, destácase que o encontro é "un referente no mundo festivaleiro" que "co paso dos anos o grande espírito lúdico e a calidade presente no escenario fixeron de Ortigueira un lugar moi especial e unha cita ineludible para moitas persoas". Os responsables do evento afirmaron a súa intención de recuperar a cita para o verán de 2022 logo da pausa motivada pola pandemia.

Canda ao galardón honorífico, o certame outorgoulle ao trío Zumaque dous galardóns, o de mellor tema orixinal, por Silván e o de mellor artista, que foi para Pablo Pascual.

Carme Penim, pola súa banda, foi recoñecida co premio á mellor adaptación dun tema tradicional pola súa versión de Aí ven o barco do mare.

O recoñecemento ao mellor disco, pola súa banda, foi para As catedrais silenciadas de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

A gala contou coas actuacións de Lulavai e do Cuarteto Caramuxo, que adiantaron ao vivo algúns dos temas que incorporarán nos seus vindeiros traballos, previstos para este mesmo ano.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ortigueira, Festival de Ortigueira, Celta, Xabier Díaz...

Claves

Protagonistas
Lugares