Non só música

Non só música

A XVII edición do festival internacional do mundo celta de Ortigueira vai a ser máis celta que nunca. Mentras se ultiman os preparativos dos concertos, de acomodación das 60.000 persoas que se citarán en Ortigueira esta fin de semana, hai outro escenario que tamén se prepara para falar do mundo celta, iso sí menos musical. É o teatro da Beneficencia que acolle as conferencias e mesas redondas do recén creado Instituto de Estudios Celtas.

Un instituto moi específico


A Fundación Federico Maciñeira de Ortigueira e a Real Academia da Historia traballaron xuntos na creación do Instituto de Estudios Celtas. Unha institución na que destacan Fernando Alonso, da Universidade de Santiago ou Martín Almagro, da Real Academia de Historia. O seu primeiro director é Ramón Sainero, que é profesor da Uned ademais dun experto en música celta.
Coa creación deste Instituto o que se pretende é crear unha institución que estea á altura doutros centros no mundo como a Royarl Irish Academy, o Dublin Institute for Advanced Studies ou dos Departamentos celtistas da Sorbona de París, de Oxford, Harvard e Berkley.












As primeiras actividades



A partires das seis e media da tarde do sábado comezará o primeiro programa do Instituto de Estudios Celtas. E terá lugar coa celebración dunha mesa redonda presidida por Antonio Campo, presidente da Fundación Federico Maciñeira. Unha hora máis tarde, ás sete e media, o profesor Martín Almagro pronunciará a primeira conferencia "O estado actual da arqueoloxía celta en España". Unha ponencia á que seguirá "Viaxe ó máis alá polos promontorios e illas dos monxes celtas" polo profesor Fernando Alonso.
As xornadas rematarán o domingo con sendas conferencias. Ramón Sainero abordará a situación actual do estudio da lingua e literatura celta en España, e ás sete e media Fernando Coelho falará do mesmo tema sobre a realidade portuguesa.





E todo está case listo


A localidade de Ortigueira xa está preparada para recibir ós case 60.000 afeccionados á música e á cultura celta que se darán cita esta fin de semana. Zíngaros, canadienses, iralndeses, bretones, vascos, asturianos, suecos e galegos exhibirán durante tres días manifestacións musicais de diferentes partes do mundo. Un internacionalismo do mundo celta que se dará cita nos dous escenarios preprados para o festival.