As melodÃas do grupo Quempallou serán a primeira mostra da música galega en soar no escenario da importante cita bretoa que se inicia este venres na pequena cidade de Lorient. Durante os dez dÃas do evento representantes musicais do paÃses celtas pasarán polo escenario que xa é un referente internacional xunto con outros da nos aterra como Ortigueira ou Moaña, co que coincide este ano. Os outros que tamén estarán en Bretaña será a Banda de gaitas Xarabal, de Vigo; Cantigas e Agarimos, de Santiago; os ourensáns Mutenrohi e as cantareiras LeilÃa, que actuarán no dÃa do peche do evento que este ano alcanza a súa trixésima oitava edición.