"O outro Finisterre: ao final do camiño, a alegrÃa e a calor dos celtas do sur", ese finalmente é o lema co que a 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, celebra a súa homenaxe á Galicia este vindeiro mes de agosto. Tal e como se anunciara xa o pasado ano este será un ano dedicado a Galicia. A nosa música, lingua e cultura, tamén a gastronómica, estarán presentes durante os dez dÃas deste evento de referencia mundial na Bretaña francesa entre o 2 e o 10 de agosto. "A edición 2019 será solar, -asegura Lisardo Lombardia o director do festival- tanto dende o punto de vista da expresión artÃstica como da convivencia e a festa." O desembarco de artistas e formacións galegas será un feito que salpica o programa do evento con presenza da nosa terra en diferentes formatos. Desde a cea de apertura, o mesmo dÃa 2 de agosto na que participaran as pandereteiras de Xacarandaina e os pandereteiros Os do fondo da barra, a música do paÃs estará moi presente neste evento que ten unha asistencia estimada de 750.000 persoas. Carlos Núñez, Mercedes Peón, Milladoiro e Xosé Lois Romero & Aliboria encabezan unha representación galega na que tamén estarán a Banda de Gaitas de Forcarei, José Manuel López Josele, Abraham Cupeiro, Suso Vaamonde, Pablo Seoane, Begoña Lorenzo, Bouba, Xirandela, Davide Salvado, etc.
O director do festival anima a achegarse aos nosos artistas para descubrir "tradicións inscritas na estética das músicas urbanas, ou incluso a transición cara unha música que soubo incorporar as novas tecnoloxÃas e as atmosferas industriais", nunha clara referencia ao traballo de Mercedes Peón e remarca a “enerxÃa e a creatividade das novas xeracións galegas”. "Se a calidade dos gaiteiros e as bandas de gaitas, os cantos femininos con pandeiretas e os grupos de baile galegos veñen apreciándose desde sempre no Festival Intercéltico de Lorient, a gastronomÃa tamén é moi reputada. Todo o mundo poderá saborear as especialidades culinarias desta rexión no pavillón do paÃs invitado de honra, compartindo ao tempo o inesgotable sentido e a festa que a caracteriza", escribe LombardÃa no seu editorial de presentación do programa deste ano que xa está dispoñible no sitio web do festival.