O Festival de Lorient 2015 terá unha ampla presenza galega

A 45 edición do evento celebrarase entre o 7 e o 16 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Festival de Lorient 2015 terá unha ampla presenza galega

A 45 edición do Festival Intercéltico de Lorient, que se celebrará entre os vindeiros 7 e 16 de agosto en Bretaña acaba de anunciar o seu programa. No mesmo constátase unha presenza galega superior á dos últimos anos, composta por Carlos Núñez, Rosa Cedrón, Talabarte, Radio Cos, Edelmiro Fernández, Pedro Pascual e mais a Banda de gaitas de Barbude. Así, Núñez actuará no Espace Marine o 13 de agosto, mentres Cedrón visitará o Grand Théatre o día 11 e Talabarte e Radio Cos achegarán cadanseus dous concertos.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Núñez, Rosa Cedrón, Bretaña

Claves

Lugares