Seis grupos representarán a Galicia no Festival de Lorient

Celébrase na Bretaña entre o 1 e o 10 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Seis grupos representarán a Galicia no Festival de Lorient

Óscar Ibáñez, o Cuarteto Caramuxo, o dúo Bellón & Maceiras, o grupo de baile Donaire e mais as bandas de gaitas Terra de Melide e Foula compoñen a representación galega no Festival de Lorient. O recoñecido encontro intercéltico de Bretaña celebrarase entre os vindeiros días 1 e 10 de agosto cunha edición centrada na música de raíz irlandesa. A delegación galega conta cun espazo propio en Facebook no que se dá conta das súas actividades, concertos e propostas ao longo do festival.

Canda a estes grupos, achegaranse á cidade bretoa os gaiteiros Xesús Rodríguez, Marcos Tella, Lois Prado e Bruno Villamor para participar no coñecido Trofeo MacCrimmon dedicado a este instrumento.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bretaña, Facebook, Melide, Bruno Villamor

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares