Unha ampla delegación galega visitará o Festival Intercéltico de Lorient

Caamaño&Ameixeiras, Fiandola, crnds ou Fransy González fan parte da representación

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Unha ampla delegación galega visitará o Festival Intercéltico de Lorient

O Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, recupera a normalidade e contará neste 2022 cunha ampla delegación da música e do baile tradicional do noso país. No marco dos 120 espectáculos que se programan na 51 edición do evento estarán presentes Caamaño&Ameixeiras,
Fiandola e mais a colaboración de crnds e Fransy González, artista que tamén participará no espectáculo orixinal Celtic Odyssée. O festival celébrase entre os días 5 e 14 de agosto.

Canda a estes, a compañía de danza de Fran Sieira participará no encontro co espectáculo “Coreografías dun DeMente, mentres que o grupo de baile Donaire e a banda de gaitas de Ortigueira participarán no espectáculo Horizons Celtiques e amosarán o seu talento en diferentes espazos da cidade. A estes nomes súmanse artistas da gaita que actuarán no certame MacCrimmon e as intervencións que se realizarán no festival vencelladas ao vestiario tradicional dos países celtas.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Bretaña, Fran Sieira, Danza...