
Pola súa banda o nome das Tanxugueiras, como era de agardar, vai aparecendo en máis citas que se están a confirmar para a axenda anual, servindo a súa enorme popularidade como reclamo instantáneo de calquera evento. É o caso de outro dos eventos senlleiros da música tradicional, a Foliada de Melide, que tamén volve este ano coa súa XVª edición tras dous anos sen celebrarse que ven de anunciar ás Tanxugueiras no seu cartel para o 24 de abril. Tamén no festival Revenidas de Vilaxoán de Arousa engádese o trÃo no seu cartel para este ano.
Outro dos festivais de referencia para a música folk, o Festival Intercéltico de Lorient na Bretaña francesa, anunciou tamén parte do cartel desta súa 51ª edición, dedicada neste caso a Asturias, pero na que tamén vai habendo sitio para a música galega. Este ano será o dúo Caamaño & Ameixeiras o que representará ao noso paÃs nesta importante cita, sumándose a un cartel no que xa estaban confirmados tamén Fiandola.
Vilalba presenta o FIV
Xa no relativo á música pop e rock, as novidades desta semana apuntan sobre todo a Vilalba, dende onde se ven presentar a que será a décimo quinta edición dun FIV que xa ten as primeiras confirmacións musicais deste ano. A celebrarse entre o 22 e o 24 de abril este festival de música indie, o evento ten xa na cabeza de cartel a un músico galego que tamén despunta a nivel nacional. O vigués Sen Senra encabeza a lista de confirmacións na que tamén están Viva Suecia, Natalia Lacunza, La La Love You, Rufus T. Firefly e Cupido. As entradas xa están á venda.