Escena Galega alerta a paralización das artes escénicas

Critican que a programación da RGTA para 2013 está sen convocar

21/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:

Hai xa tempo que Escena Galega, colectivo profesional das artes escénicas, leva denuciando o desleixo da administración nesta materia. Onte volveu convocar unha nova rolda de prensa para poñer o foco en dous feitos: a primeira, a situación provisional da Agadic desde que cesara Juan Carlos Fernández Fasero o pasado 25 de setembro; e a segunda, a paralización da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Segundo publica hoxe Praza, a programación deste circuíto para 2013, cofinanciado entre a administración local e autonómica, “nin tan sequera está convocada”.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Escena Galega, Carlos Fernández, Rede Galega de Teatros e Auditorios...