O Auditorio Gustavo Freire de Lugo acolle este 11 de xaneiro a primeira actuación da nova programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Hasta que la muerte nos separe, da compañÃa madrileña Inconstantes Teatro, será a responsable de iniciar este circuÃto que programará ata o vindeiro mes de xuño 351 funcións escénicas e musicais en 41 concellos de toda Galicia.
As cifras supoñen trinta e unha actuacións máis e a incorporación dun novo concello ao programa respecto a 2023. A nivel orzamentario, a Axencia Galega das Industrias Culturais anunciou un incremento do 11% nos fondos para o programa, a sumar achegas da Xunta e dos concellos participantes, que permitirán chegar aos 2 millóns de euros investidos ao longo de todo 2024. O crecemento chega tamén ao número de compañÃas que participan deste circuÃto, que pasan de 117 a 130 neste primeiro semestre do ano.
A Xunta lembra que os fondos destÃnanse á contratación de "formacións artÃsticas profesionais de teatro, música, danza, circo e maxia, galegas na súa meirande parte". Os espectáculos para público familiar son os predominantes na oferta do circuÃto, con 92 das 270 funcións teatrais que se programan nesta primeira metade do ano.
Entre as novidades desta xeira están as sete estreas de producións galegas que se realizarán no marco da Rede. A proposta multidisciplinar Eu, fraude!,de Paula Pier, chega este venres 12 ao Teatro RosalÃa Castro da Coruña, mentres Donas, de Cali Danza, protagoniza a actuación do domingo 14 no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.
En febreiro Manekineko presentará Cancións amarelas, flores tristes o dÃa 15 no Auditorio Municipal de Vigo; Sarabela Teatro, achegará O dragón de ouro o dÃa 23 no Teatro Principal de Ourense, e Producións Teatrais Excéntricas, levará Monstros o dÃa 24 no Fórum Metropolitano da Coruña.
Anoa, de Elvi Balboa, o 19 de abril no Teatro RosalÃa Castro da Coruña, e Desexo, o novo de TalÃa Teatro, o 3 de maio na Casa da Cultura Ramón MartÃnez López de Boiro completan as presentacións.