A Deputación de Pontevedra reduce a súa chega ao Plan Director de Santa Trega

A entidade condiciona o seu apoio ao MARCO á marcha de Abel Caballero da alcaldía de Vigo

19/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Finalmente serán só 200.000 euros e non 700.000 como comprometera inicialmente. A Deputación de Pontevedra reduciu significamente nos seus orzamentos a súa achega ás obras que se van realizar no monte Santa Trega dentro do Plan Director para este espazo natural e patrimonial. Os cartos estaban destinados a dotar de subministro de auga e de telefonía, así como a mellorar a rede eléctrica, o conxunto nunha actuación que, segundo denuncia Atlántico Diario, ten un custe total de 1.200.000 euros. A Deputación pola súa banda, sinala que o Concello debe certificar a súa achega a este proxecto para poder licitar os traballos.

Ao tempo, Rafael Louzán, presidente da Deputación, condicionaba onte o apoio económico desta entidade ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) a que Abel Caballero abandone a alcaldía da Cidade Olívica. Segundo recolle o Faro de Vigo Louzán considera que "non hai ánimo de colaborar (por parte do Concello)" para concretar estes investimentos e recoñeceu que as relacións están rotas co actual alcalde.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Pontevedra, Abel Caballero, Vigo...