Unhas xornadas poñen fin na Coruña ao proxecto Arte Español Contemporáneo

A iniciativa elaborará un manual para estudantes e seguidores da arte contemporánea

12/12/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
3 lecturas | Compartido 0 veces
Primeiro foron en Cáceres (na Fundación Helga de Alvear), logo en Madrid (na Casa Enecendida) e agora, o proxecto Arte Español Contemporáneo remata na Coruña (no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa) cunhas xornadas. Nesta ocasión directores e comité editorial do proxecto presentarán as conclusións da investigación que desenvolveron ao longo do últimos anos e que serviu de reflexión da creación artística española das dúas últimas décadas. O resultado de todo este proxecto verá luz como unha publicación que servirá como manuel para estudantes e amantes da arte contemporánea. Manuel Segade e David Barro son dous galegos que participan nestas xornadas que se desenvolven desde o 14 ata o día 16.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares