Cada dous anos a cidade da Coruña convértese nun ambicioso escaparate do estado actual da arte contemporánea na PenÃnsula. A obra de novos e consagrados artistas galegos, españois e portugueses dáse cita durante uns meses na VIII Mostra Unión Fenosa de Arte Contemporáneo. Unha excelente oportunidade para tomarlle o pulso ás novas tendencias creativas e á traxectoria dos artistas máis consolidados.
Segundo nos explica Jorge Núñez, do equipo organizador da Mostra, “a exposición caracterÃzase pola variedade: variedade de procedencias, de idades, de formación, de posicións estilÃsticas, etc.” O obxectivo: facer unha radiografÃa das artes plásticas. Pero tentar reunir nunha soa exposición conxunta as propostas de espazos xeográficos e creativos tan diversos é un tarefa cando menos complicada.
569 artistas enviaron pezas súas para participar na mostra, comisariada por Luis MarÃa Caruncho. Finalmente, un xurado de expertos, composto por catedráticos, crÃticos de arte e responsábeis de institucións, escolleu para esta edición a obra de 10 autores portugueses, 24 galegos e 89 do resto de España. 123 artistas en total entre os que podemos salientar as aportacións de xente como Antón Cabaleiro, Noemà Otamendi, Jorge Varela e Fernanda Fragateiro, entre moitos outros. Unha longa lista de autores onde conviven con valor engadido novos artistas como Suso Basterrechea, Javier Garcerá ou Manuel Saro con figuras consolidadas como Vari Caramés, Javier Riera e Laura LÃo.
Empuxe da fotografÃa
Trátase polo tanto dunha panorámica da pintura, a escultura e a fotografÃa que se fai na actualidade (coas técnicas, formatos, materiais e tamaños máis diversos), que vai desde o paisaxismo e o hiperrealismo até o construtivismo. Dentro das novas tendencias que se poden albiscar na Mostra, Núñez destaca o tremendo empuxe das obras en soporte fotográfico, que edición tras edición foron collendo máis espazo na bienal e que este ano supoñen xa en torno a un terzo das obras. A mostra, sinalan os organizadores, vai ampliando os seus lÃmites artÃsticos e xeográficos desde que comezou no verán de 1985, seguindo o ritmo das tendencias artÃsticas contemporáneas e das pautas marcadas polas máis de 6.000 obras que recibiron desde eses inicios.
Ademais de promover e promocionar os novos valores e consolidar os xa existentes, outro dos obxectivos do certame é a adquisición de obras para a colección que desde 1995 se expoñe no Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa. Nesta ocasión, os organizadores decidiron mercar 21 das obras expostas, que pasarán a ampliar os fondos acumulados ao longo de oito edicións de Mostra, composta xa por máis 162 pezas.
Paralelamente
A celebración da exposición da pé tamén á celebración dun amplo programa de actividades culturais, no que cabe destacar por exemplo o X Taller Pablo Picasso impartido por Soledad Sevilla. A música, o teatro e a danza estarán na Mostra a cargo do Coro Unión Fenosa de Moldavia, do Grupo de Teatro Valacar da Coruña e do Estudio de Danza Druida. Un recital de guitarra clásica interpretado e comentado por Gabriel GarcÃa Santos e varias mesas redondas completarán a oferta cultural.
Por último, concedeuse o Premio Julián Trincado a Loureiro pola obra “Homenaxe a Giorgio Morandi, 2003” e a Medalla de Honra da Mostra ao alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, e ao catedrático e ex rector da Universidade de Santiago DarÃo Villanueva. Do primeiro, o patronato da institución salientou a colaboración prestada ao ceder como espazo para as anteriores edición da bienal as instalacións da antiga Estación MarÃtima. De Villanueva, a entidade valorou aspectos como o seu perfil investigador e crÃtico e o feito de ser un dos principais animadores intelectuais do proxecto cultural de Unión Fenosa.
A cita, do 27 de xullo a finais de setembro nas novas instalacións museÃsticas de Unión Fenosa na Coruña.