Consegue un lote de libros ilustrados da editorial OQO para primeiros lectores de 2 anos en adiante
Sorteo finalizado

Libros para ler antes de ler

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Consegue un lote de libros ilustrados da editorial OQO para primeiros lectores de 2 anos en adiante
Sorteo finalizado

Dentro da súa colección NanOQOs a editorial pontevedresa ven poñer nas librarías unha caixa con cinco títulos desta colección que naceu para conseguir que os nenos ansiasen ler antes de saber ler. Conto cinco sentidos é o nome desta caixa que contén cinco libros acartonados dedicados cada un á descuberta dun dos sentidos. Esta é segunda caixa de relatos desta colección que edita OQO. Ofrecémosche agora a posibilidade de obter un lote con estes cinco libros de OQO para pre-lectores de 2 anos en adiante. Sortearemos o lote entre todos os que contestedes correctamente unha sinxela pregunta: Como se chama a primeira caixa editada de libros da colección NanOQOs ?

Pregunta

Como se chama a primeira caixa editada de libros da colección NanOQOs ?

As respostas enviaranse antes das 15 horas do xoves 13 de decembro ao correo lg3@culturagalega.org .

O correo debe levar como asunto “sorteo OQO” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.

Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.

Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá un nome.

O resultado do sorteo farase público durante a mañá do venres 14 de decembro no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de OQO e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Sorteo finalizado

Resposta: Caracois

Gañador:

Xosé María Bello Pose

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Culturagalega

Claves

Entidades