O vindeiro xoves 17 de novembro o Pazo da Cultura de Pontevedra abrirá ao público "A cova dos libros fantásticos", un proxecto do Concello que toma a forma dunha biblioteca efémera de 3.000 libros de literatura infantil e xuvenil en galego que estarán a disposición da cidadanÃa máis nova ata o 30 de marzo do 2023. Deste xeito a "Cova" abrirase uns dÃas antes que a feira Culturgal, que ten lugar nese recinto a primeiros de decembro, permanecerá aberta durante todo o Nadal e ata despois de que remate o Salón do libro infantil e Xuvenil, que tamén se celebra no Pazo. Este espazo lector, de encontro e de xogo para os máis cativos, programará asemade accións especÃficas para datas sinaladas como encontros con autores e ilustradores, obradoiros creativos, contacontos, etc. A entrada é de balde pero será preciso asociarse para poder levar libros emprestados para casa e para coñecer a programación e as novidades que vai a ir ofertando a Cova.