Alberto Ramos gaña o Premio Risco de Creación Literaria

A novela Todos os días reflicte a crise económica e os seus efectos nas persoas

22/11/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
3 lecturas | Compartido 0 veces
Con Todos os días, unha novela sobre a crise económica e os seus efectos na vida cotiá das persoas, Alberto Ramos se facía onte do Premio Risco de Creación Literaria. O xurado do galardón, que está dotado con 6.000 euros e mais a publicación da obra en Sotelo Blanco, recoñeceu o xeito no que a obra reflicte "como esta falta de horizontes inflúe na autoestima das personaxes e condúceos á destrución persoal". Adelaida Vidal, Ánxela Gracián, Serafín Alonso e Soedade do Muíño foron os responsables da selección do certame, que convoca o Concello de Ourense.

Universo culturagalega.gal

Contextos