A candidata de Miguel Sande imponse no Premio Manuel García Barros

O galardón que organiza o Concello da Estrada está dotado con 9.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A XXVIII edición do Premio de Novela Manuel García Barros, que convoca o Concello da Estrada ten xa gañador. O xurado do certame acordaba onte outorgar este galardón, dotado con 9.000 euros de premios, á obra A candidata de Miguel Sande. Segundo destacaron os encargados da selección, a novela "posúe un discurso narrativo intenso, moi traballado e de andadura sintáctica cortante e abrupta". Do mesmo xeito, sinala a "absoluta modernidade" de de temas e personaxes, "figuras degradadas ata o subsolo mais destrutivo -autodestrutivo- da condición humana" e apunta que o texto é "unha novela de impacto, existencialmente ferinte, afastada de calquera mirada politicamente correcta". Inma Otero, Carlos Lema, Armando Requeixo, Luís Alonso Girgado e Carlos Loureiro como secretario foron os responsables da selección.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Sande, Manuel García Barros, Miguel Sande, Manuel García...