O Culturgal exhibirá 14 propostas culturais relacionadas coas tecnoloxías

A cita terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro en Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Dicionarios de galego, conxugadores verbais, o listado de furanchos, tabernas, casas de comidas, oficinas de información, as bandas deseñadas que edita Galaxia… todo a golpe dun click. Estas son algunhas das 14 propostas culturais con base tecnolóxica que se presentarán no Culturgal e que inclúen desde aplicacións para móbiles, campañas para redes sociais ou videoxogos. Ademais, no Foro daranse a coñecer experiencias na aplicación das novas tecnoloxías e o multimedia nas aulas, a través de proxectos que xa se están a desenvolver a día de hoxe en Galicia. Completa a programación deste foro relacionado coas novas tecnoloxías, catro obradoiros sobre o uso escolar de videoxogos, redes sociais, museos interactivos e das ferramentas máis accesibles. A cita, do 30 de novembro ao 2 de decembro en Pontevedra.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Pontevedra, Museos, Editorial Galaxia

Claves

Conceptos
Lugares