O potencial económico da cultura centra o Foro Culturgal

O evento inclúe unha xornada sobre a aplicación das novas tecnoloxías na aula

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

"As potencialidades das industrias culturais para xerar desenvolvemento, tanto económico como social" son o eixe do Foro Cultural 2012, que se celebrará en Pontevedra no marco da Feira das Industrias Culturais entre o 30 de novembro e o 2 de decembro. O encontro Compartindo multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais reunirá a profesionais do sector como Jordi Durán, Cristina Alonso ou Margarita Troguet ata un total de vinte persoas en torno a dez mesas. De xeito paralelo, celebrarase a xornada Ferramentas TIC e multimedia nas aulas, unha visión práctica que se centrará na comunidade educativa e amosará a experiencia de diferentes proxectos en curso neste ámbito.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Culturgal, Feira, Feira das Industrias Culturais...