O cambio de modelo centra o programa do Foro Culturgal

Analizaranse estratexias de adaptación das industrias culturais ao contexto actual

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A crise económica e a pegada das novas tecnoloxías son algúns dos factores que están a provocar unha fonda mudanza no traballo da xestión e mais das industrias culturais. O Foro Culturgal 2011 pretende analizar este panorama co lema O cambio de modelo e para isto prepara un intenso programa de conferencias e debates que se realizarán de xeito paralelo á Feira Galega das Industrias Culturais, os vindeiros 2 e 3 de decembro.

Entre os relatores atopamos a Ferdinand Richard, director de A.M.I. de Marsella, Cristina Fuentes, directora internacional de Hay Festival para España e Latinoamérica ou Luís Fernandes, coordinador da asociación D’Orfeu de Águeda. Entre outras actividades, un obradoiro dirixido por Alberto García, de Nova xestión cultural, e Fátima Rodríguez, de Promove, procurará novos mercados para a industria cultural.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Latinoamérica, Obradoiro

Claves

Entidades
Conceptos