A Consellaría de Familia organiza un foro para coñecer as iniciativas de voluntariado que se organizan na rede

Redes de voluntarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Querer é poder. Grazas ás novas tecnoloxías un voluntario pode desenvolver unha tarefa social sen moverse da súa casa. É o ciberactivismo que se analiza en “Volunet” o foro internacional sobre voluntariado e novas tecnoloxías que se desenvolve desde onte en Santiago. Nel abordarase o rol do voluntariado na sociedade da información e todo o referente á solidaridade on line como nova forma de colaborar a través da rede. O foro poñerá en marcha un proxecto do mesmo nome co que a Consellaría de Familia dotará a 200 asociacións dun ordenador co software necesario e da formación precisa para o coñecemento das ferramentas informáticas para desenvolver o seu cometido.

Máis información no web do Congreso

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións

Claves

Conceptos