Voluntarios traballarán nas bibliotecas da Xunta

A Consellaría de Cultura presenta o programa Voluntariado Cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Voluntarios traballarán nas bibliotecas da Xunta

Tarefas de apoio en difusión e promoción, formación, dinamización lectora e sociocultural, realización de actividades culturais ou aprendizado de linguas en bibliotecas. Estas son algunhas das tarefas que realizarán os voluntarios que se integren no programa Voluntariado Cultural que presentaba onte a Consellaría de Educación e Cultura, en colaboración coa de Traballo e Benestar. O proxecto, integrado en Voluntariado Galego ten como obxectivo principal "ofrecerlles novas oportunidades ás persoas que desexen colaborar, dun modo altruísta e solidario, no campo do desenvolvemento e da dinamización cultural en Galicia", segundo sinalou Lorenzo, secretario xeral de Cultura.

A iniciativa porase en marcha nun primeiro momento unicamente nas bibliotecas nodais das principais cidades galegas, e estará acompañada por iniciativas de formación para os participantes.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Educación, Consellaría de Educación