Lugo acolle esta fin de semana o IV Congreso de Cruceiros

Entre os relatorios analizarase a súa relación coa plástica galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Lugo acolle esta fin de semana o IV Congreso de Cruceiros

Son as obras de arte popular máis xenuinas do país. Abondosas en todos os puntos da xeografía, con significacións e representacións diferentes e cunha norma de protección (no marco da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia). Por iso, a Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos das Ánimas promove desde hai anos un congreso arredor deste tema. Esta fin de semana desenvólvese en Lugo a cuarta edición na que se analizarán, entre ourios aspectos, o papel dos cruceiros na plástica galega, o estudo dalgúns deles, os xestos máxicos e lendas arredor da arte popular, asi como estudos dos textos epigráficos.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cruz dos cruceiros

A cruz dos cruceiros

Pouco coñecidas e difíciles de protexer, as cruces de pedra constitúen un importante patrimonio

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Lei de Patrimonio, Xeografía, Lei do Patrimonio Cultural...