Un grupo de arquitectura tradicional en Flickr chega ás 1.100 fotografías

Dixitalización colectiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un grupo de arquitectura tradicional en Flickr chega ás 1.100 fotografías

Xavier FM, o administrador do web Cultura Popular de Sandías, promoveu un grupo no popular sitio de fotografías Flickr no que calquera pode incluír a súa contribución a facer visible o patrimonio arquitectónico popular galego. Segundo Xavier, na actualidade o grupo xa conta con 1.100 fotografías agregadas por moitísimos usuarios que recollen o máis diverso da arquitectura popular do país: "Airas/eiras, alpendres, alvarizas, batáns, capelas, casas-vivendas, cerres, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferrerías, fontes, fornos, hórreos, lavadoiros, muiños, oleiras, ouriceiras, palcos, palleiras/palleiros, pallozas, pendellos, pesqueiras, pombais, pontes (só pontellas, pasadoiros, ...), pozos, sequeiros, socalcos, telleiras, valados, etc). E petos de ánimas e cruceiros".

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura

Claves

Conceptos