Supoñen un tipo de bens patrimoniais dos máis comúns que existen no paÃs. Fan parte dunha tradición que se remonta a, cando menos, hai 700 anos e que se mantén hoxe. Integran valores históricos, artÃsticos e etnográfico. E, no entanto, sobre a desprotección e o descoñecemento. O IV Congreso de Cruceiros Galegos que se celebrou recentemente en Lugo denuncia a precaria situación destes bens.
Nas parroquias galegas existen preto de 8.000 cruceiros, datados entre o século XIV e estes primeiros anos do século XXI. Un patrimonio único que, sen ser exclusivo fan de Galicia o paÃs cun maior número destes elementos no mundo. “Sen ser unha produción orixinal galega, é aquà onde mellor se aclimatou e se desenvolveu”, explica Fernando Arribas Arias, investigador e presidente da Asociación Galega de Amigos dos Cruceiros, entidade que coordinou o congreso .
Historia dun éxito
Encol das razóns polas que os cruceiros acadaron historicamente tanto éxito en Galicia, Arribas sinala que “representa en pedra unhas crenzas moi consubstanciais ao pobo. O seu significado está vencellado ao Concilio de Trento e ás Animas do Purgatorio, que é unha cuestión que está moi presente en Galicia”. En concreto, a intención ao erguer moitos destes monumentos era conseguir indulxencias para os pecados dos promotores da obra ou dos seus familiares falecidos. A igrexa, ademais, sacaba beneficio económico de moitos destes monumentos. “Cando un cruceiro tiña unha inscrición na que se lles promete indulxencias a quen rece diante, o bispado cobraba. E entón a Igrexa promovÃa que se montasen”, lembra o presidente da Asociación.
Ata hoxe
Unha das peculiaridades dos cruceiros é a súa persistencia como elemento arquitectónico do noso rural. Chegan ao noso paÃs no século XIV, sen que estea moi clara a súa orixe. “Hai moito debate sobre se chegaron a través do Camiño de Santiago ou se implantaron a raÃz das predicacións de San Vicente Ferrer”, apunta Arribas. Desde entón, a construción de cruceiros continuou vizosa ata os nosos dÃas, onde aÃnda se crean e se instalan, aÃnda que si mudou un pouco a súa función e localización. “O costume segue vivo. A diferenza fundamental é que noutros tempos púñanse por devoción relixiosa en adros ou cruces de camiños, mentres que agora é máis común que se constrúan con carácter ornamental para os instalar nunha praza ou mesmo no xardÃn dun chalé”. En todo o este tempo, malia ás evolucións estilÃsticas propias de cada época, no fundamental o cruceiro non mudou. “Hainos góticos, renacentistas, barrocos ou neoclásicos. E algún feito agora mesmo incorpora un PelegrÃn, a mascota do Xacobeo. Pero estruturalmente continúan a ser iguais, cunha plataforma, fuste, capitel e cruz. Xa dicÃa Vicente Risco que os cruceiros eran todos diferentes aÃnda que todos se asemellan”.
Roubos
Se ben a mudanza da consideración social do cruceiro, do carácter relixioso ao ornamental, permitiu en boa medida a súa supervivencia, tamén supón unha das grandes ameazas para estes bens. “Ao se ver como un elemento artÃstico, prodúcense moitos roubos. Son relativamente sinxelos de desmontar, e resulta máis valorado un cruceiro histórico do que un feito recentemente”. A súa localización no medio rural, a miúdo en espazos relativamente illados, dificulta aÃnda máis a súa protección.
Ataques e descoñecemento
Para alén do seu valor artÃstico e histórico, os cruceiros incorporan un importante patrimonio inmaterial. Ritos de curación, aparicións, poderes máxicos e un bo feixe de crenzas, de lendas e de prácticas están vencellados a uns elementos que se consideraban sagrados. Por desgraza, esta consideración desapareceu en moitos casos, o que explica a outra grande lacra que ameaza estes bens, o vandalismo. “DÃas atrás derrubouse en Begonte un cruceiro do século XIX realizado polos Carboeiro, unha estirpe de canteiros de Vilalba. E este non é un caso illado. O derrubamento dun cruceiro aposta é un acto de ignorancia, mentres un roubo é un acto de alguén culto”. Encol da percepción popular destes bens, o presidente da Asociación de Amigos de cruceiros lembra como, estando a examinar un no rural, achegóuselle un veciño ofertándollo en venda. “Eu dÃxenlle que estaba prohibido movelos do sitio, e pregunteille, ao ver que habÃa unha inscrición na base, quen o fixera. El consultouno coa nai, e resultou que o mandara erguer a súa propia bisavoa, e ele non o sabÃa. Entón dÃxenlle se mo vendÃa, e xa dixo que non, que sabendo de quen era, que non o puña á venda. É revelador, se non se coñece o que temos non se valora”.
Protección e situación
Se ben a Lei de Patrimonio de Galicia protexe todos os cruceiros e outros bens etnográficos que teñan máis de cen anos, ningún destes elementos conta coa declaración de Ben de Interese Cultural. “Esta declaración singulariza determinados monumentos, aÃnda que non se lles dea a todos, si que uns cantos a merecen”. Desde a Asociación de Amigos dos Cruceiros remitÃuselle á Xunta unha listaxe de 25 que consideran cumpren os requisitos para contar con este recoñecemento, a máis alta figura de protección patrimonial que existe no paÃs. Na actualidade moitos destes bens adoecen dun estado de conservación deficiente, e aÃnda que existe un inventario feito pola Xunta de Galicia e diferentes iniciativas que recontan os exemplares a nivel comarcal ou local, a Asociación considera que está por facer un catálogo exhaustivo que permita tomar consciencia da cantidade e importancia destes elementos.
Toma de consciencia
A problemática encol dos cruceiros non é nova, xa que durante moito tempo estes elementos non foron reivindicados como algo a preservar. “Foi Bernardo Barreiro quen en 1882 os reivindicou como elementos de valor artÃstico e etnográfico. Logo houbo traballos como os de Atanasio López e, por suposto Castelao, co seu As cruces de pedra na Galiza”, lembra Arribas. E se ben xa en 1915 Atanasio López falaba dun caso no que houbo xente que se opuxo ao derrubamento dun cruceiro, tamén habÃa casos como o de Emilia Pardo Bazán. “Detestábaos, e non parou ata que tiraron tres en Mondariz, que lle parecÃa feos”, explica. No entanto, non foi ata os últimos anos que está a cristalizar a investigación e a defensa destas cruces como un elemento patrimonial destacado. A Asociación de Amigos dos Cruceiros constituÃuse hai aÃnda dous anos, a raÃz da celebración dos dous primeiros congresos de investigadores sobre estes bens, e ten aÃnda un inxente traballo por diante. “AÃnda está pendente facer un inventario exhaustivo. Recollemos todos os da Terra Cha, pero o problema é que esixen un grande traballo de campo e hai pouca documentación. Cómpre localizalos, inventarialos e afondar, moitas veces nos arquivos parroquiais, pero a miúdo non aparecen mencionados porque se consideraba unha obra menor”, explica o presidente da asociación. Con cada un destes encontros e a publicación das correspondentes conclusións vaise, aos poucos, incrementando a bibliografÃa sobre o tema. “A idea é que quen queira seguir traballando teña algo no que se basear”, sinala.
Unha das principais conclusións que se tirou deste encontro foi iniciar os trámites para elevar ante a UNESCO a candidatura a Patrimonio da Humanidade para estes bens. Unha aposta ambiciosa que promete pór de actualidade a situación deste patrimonio.

GalerÃa: Cruceiros de Galicia
Cruceiro de Hio. Cangas Un dos desencravos máis famosos do paÃs. Fonte: Wikimedia Commons. P.Lameiro
Cruceiro de Melide
Considerado por Castelao como o máis antigo de Galicia Fonte: Wikimedia Commons. L. Miguel Bugallo S.
Cruceiro do Tapal, Noia
Fonte: Wikimedia Commons. Luis Miguel Bugallo Sánchez
Desencravo de Eiroa. Barro.
Os desencravos amosan o momento no que se baixa a Cristo, xa morto, da cruz Fonte: Turgalicia
Cruceiro de Cheis, Vimianzo.
Unha auténtica incógnita, non se sabe a súa época. Está solicitada a súa declaración como ben de interese cultural Fonte: Patrimoniogalego.net. Manuel Rial
Cruceiro da SantÃsima Trindade. Baiona
Fonte: Turgalicia