Redrum fai currículum

A compañía de Alex Sampayo aborda a busca de emprego na súa última montaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Redrum fai currículum

Abordar un tema tan serio cun pouco de humor. Esta é a pretención de Curriculum Vitae, o novo espectáculo de Redrum Producións. Unha montaxe na que bota man de textos de recoñecidos escritores e guionistas como Diego Ameixeiras, Araceli Gonda, Avelino González, Manolo Cortés e José Prieto para montar unha comedia sobre a busca de emprego e as entrevistas de traballo.

Imaxe 1
1/3
Imaxe 2
2/3
Curriculum vitae
3/3

Mónica García e Guillermo Carbajo son os actores que encarnan estas particulares historias, algunhas delas baseadas en feitos reais, que conforman a programación. A montaxe estreouse no Teatro Rosalía da Coruña a pasada fin de semana e inicia a súa andaina que os levará por Teo, Gondomar e Cambados.

Redrum asume así a súa terceira montaxe, logo de dúas obras de diferente temática e factoría. Unha delas Moito conto, unha obra de teatro de contido ecolóxico e moi diferente do ambiente de misterio e suspende de A pensión. Protagonizada por Rosa Álvarez, A pensiónsupuxo o debú teatral de Alex Sampayo, coñecido pola súa faceta audiovisual en series de televisión El Internado (Antena 3), Padre Casares, Terra de Miranda ou Valderrei.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha pensión (de cine)

Unha pensión (de cine)

Álex Sampayo: “É unha obra que trata temas como a loucura, os ciumes ou o instinto maternal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alex Sampayo, Avelino González, Araceli Gonda, José Prieto...