O MARCO celebra o seu aniversario cun programación arredor da A Balea Negra

Un horario ampliado, visitas guiadas e outras actividades concentradas na fin de semana

12/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Detalle da obra de Tiravanija, da exposición "A balea negra"

O 13 de novembro o Museo de arte Contemporánea de Vigo, o MARCO, cumpre dez anos. Unha efeméride que o centro celebra coa exposición titulada A balea negra, aberta hai unhas semanas, que conecta os dous feitos que coinciden nesa dataa: a apertura dun centro de arte como o MARCO e embarrancamento do Prestige. Ademais, seguindo na liña doutros anos, o centro ten previsto unha programación especial que traslada a fin de semana a súa celebración.

Visitas guiadas co propio comisario da exposición, Pedro de Llano; unha charla-conferencia da activista Mavis Müeller sobre o potencial comunicativo e sanador da Arte; a celebración da performance Cue&Review de Andrés Galeano e diferentes obradoiros. Todos arredor da exposición “A Balea Negra” e que serven para festexar ese décimo anivesraio. Para darlle acubillo a toda esta programaicón, o centro renuncia a súa “noite en branco” pero contará cun horario especial que abrirá ata as 3 da madrugada.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Vigo, Pedro de Llano, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares