
Iñaki MartÃnez Antelo, director do MARCO, declara nunha entrevista publicada hoxe no Faro de Vigo que o museo para por unha situación moi complicada. O motivo é que os patronos que compoñen a fundación non están ao corrente dos seus pagamentos, en total entre NovaGalicia, a Xunta, a Deputación e o Ministerio de Cultura adebedan máis dun millón de euros. A situación afecta a programación de tal xeito que exposición previstas para final de ano xa se adiaron de prazo e xa hai proxectos no aire. A vindeira reunión do padroado da entidade terá lugar en decembro, onde se poderán aclarar se son impagos ou retrasos e determinar o futuro da institución. Nesa entrevista, o director do MARCO asegura que “estamos ao lÃmite”.