O MARCO énchese de maxia esta fin de semana para celebrar o sexto aniversario

O centro contará cun horario especial que abrirá na madrugada do sábado

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Maxia, música e, sobre todo, moita arte. Estes son os ingredientes da festa coa que o Museo de Arte Contemporánea de Vigo celebra esta fin de semana (15 e 16 de novembro) o seu sexto aniversario. Un amplo programa de actividades nun horario maratoniano (de 11 a 5 da madrugada do sábado e de 11 a 21 no domingo) para todos os públicos. Entre as actividades destaca, ademais dun espectáculo de maxia nas salas do centro, os proxectos para recuperar a historia do edificio (a actual, desde que é museo, ou a anterior cando era unha cadea) contada polos propios cidadáns.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)