O MARCO celebra o sétimo aniversario con actividades para todos os públicos

O museo abrirá a madrugada do sábado ao domingo con poesía, música e danza

10/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A festa de aniversario do MARCO comeza a ser unha cita ineludible cada 13 de novembro. O museo vigués celebra a súa existencia cunha festa de tres días de duración con actividades a medio camiño entre lúdicas e didácticas. Nesa ocasión, ademais das súas exposicións programadas (Jorge Barbi, Nicolás Combarro e Mirrors), ofrecerá performances, concertos, intervencións audiovisuais a partir do filme de Blade Runner (baixo o título de Nexus), xogos relacionados coas obras de arte (Cada obra coa súa parella) e un mercadiño do libro no que ofrecerá prezos moi especiais en catálogos e outras publicacións. Unha ocasión para coñecer todos os espazos do museo (cafetería, tendra-librería, xunto con todas as salas expositivas) para descubrir a proposta artística deste novo museo. A cita comeza as 11:00 horas da mañá do venres e durará ata as 21:00 horas do domingo.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Danza, Exposicións, Combarro...