Jorge Barbi é o protagonista da programación de outono do MARCO

Xa está aberto o prazo de inscrición dos cursos de formación para adultos

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o MARCO, iniciou este ano unha nova liña de traballo coa organización de exposicións individuais. Despois da proposta de Santiago Sierra, o vindeiro 16 de outubro terá lugar a de Jorge Barbi (A Guarda, Pontevedra, 1950). Unha mostra que se basea na idea do percorrido, do paseo e da observación cotiá da natureza. É o prato forte da programación do último trimestre no que haberá espazo para a proposta gañadora do Premio para Novos Comisarios (Mirrors/Espellos), o cuarto proxecto de Puntos de Encontro, o programa formativo para adultos e a festa do sétimo aniversario do MARCO (13-15 de novembro).

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Exposicións, Pontevedra, A Guarda...