Santiago Sierra (Madrid, 1966) e Jorge Barbi (A Garda, Pontevedra, 1950) son dous dos valores máis recoñecidos da escena artística internacional. Por iso, non é casual que o MARCO inicie unha nova etapa con eles, abrindo o paso a mostras individuais. Unha liña de programación que lle permitirá afondar no traballo e na obra de artistas que teñen unha traxectoria relevante. Canda esta nova orientación, o MARCO continuará coas súas mostras colectivas. Xunto con 7+1: Project Rooms, abriranse as mostras En calquera lugar, en ningún lugar (coproducida coa Panera de Lleida) ou Living Together. Estratexias para a convivencia que reflexiona sobre a idea da convivencia; ou Mirrors/Espellos, o proxecto gañador do Premio MARCO para Novos Comisarios.
Outra das novidades da programación desde 2009 é o cambio do proxecto Espazo Anexo. Mañá inaugúrase a exposición de Pedro Barateiro (Almada, Portugal, 1979) co que abre o proxecto Punto de encontro. Cinco artistas tentarán cambiar a idea de que o museo é un lugar de exposición do museo, abrindo a percepción e tentando relacionar o propio espazo de exhibición co seu contorno máis inmediato como é a cidade de Vigo.