O MARCO celebra o seu oitavo aniversario con arte e un horario especial

Concertos, graffitis e proxeccións audiovisuais completan a programacion da festa

O sábado cúmprense oito anos desde a inauguración ao público do museo de arte contemporánea, MARCO, de Vigo. Un acontecemento que o centro celebra cada ano cunha proposta de carácter lúdico. Nesta ocasión, a partir dunha forma atopada na planta do museo, a artista Almudena Fernández elabora unha proposta (Pattern Panóptico) que busca o diálogo co contexto. Visitas guiadas, concertos, un grafitti dixital sobre a fachada… completan a programación desta celebración.

“A miña foto favorita”
Convocatoria aberta a intervencións do público, sobre unha fotografía elixida da exposición de Virxilio Vieitez
Horario: sábado e domingo de 17.00 a 21.00, en quendas
asignadas previamente (máx. 15“)

“A noite de Virxilio Vieitez”
Visita á exposición guiada por Keta Vieitez, filla do fotógrafo
Horario: madrugada do sábado ao domingo, ás 00.00

SOSOaudio: “Érase una vez un surco”, por SINSALaudio
Sesión musical e proxeccións sobre a historia do rexistro sonoro, por Julio Gómez e Luis Campos
Horario: venres ás 20.00

“Graffiti dixital”
Realización de graffiti con lapis óptico sobre a fachada do MARCO
Horario: sábado ás 20.00

“Warning! This bag is not a toy” [Atención! Esta bolsa non é un xoguete]
Proposta interactiva na que o espazo non é o que parece...
Horario: sábado ás 23.30


Concertos no MARCO restaurante&café
Actuacións en directo e música en continuidade
Horario: dende as 23.00 do sábado ata as 04.00 do domingo
PROGRAMA
• 00.00 UNICORNIBOT_ psicodelia e rock progresivo
• 01.00 CRÓ!_ rock alternativo


“O instante detido”. Obradoiros para familias
Actividades para público familiar en torno á exposición de Virxilio Vieitez
Horario: sábado e domingo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a
20.00

Maratón ArtFutura 2010. “We Live in Public”
Proxección en continuidade do programa audiovisual desta edición
PROGRAMAS
• Venres 12 We Live in Public (Programa A) + 3D ArtFutura Show
(Programa B)
• Sábado 13 Programas A, B, C, D completos + We Live in
Public (Programa A)
• Domingo 14 Programas D, C, B, A completos + Flux Music Video
Showcase (Programa D) + Futura Graphics (Programa C)
Ligazóns