Mariano Casas publicará El Club del Miedo

Idoia de Luxán tamén recorre ao Crowdfunding para financiar un proxecto de BD

6/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
57 lecturas | Compartido 0 veces

Logo de El Club del Miedo

Case a esgotar o prazo, que remata hoxe mesmo, Mariano Casas acadou reunir 4.526 euros na plataforma de Crowdfunding Verkami para editar a obra El Club del Miedo. O debuxante editará agora esta banda deseñada de 220 páxinas a cor e en formato A5 horizontal que sairá á venda por 16 euros. Casas solicitaba aos interesados 4.500 euros para desenvolver o seu proxecto. Unha contía semellante, 4.000 euros é a que tenta colectar na mesma plataforma outra debuxante galega, Idoia de Luján. A súa intención é publicar Alleos, unha BD de 64 páxinas a cor que percorre a vida de varias persoas que lle dan un xiro á súa vida. O proxecto ten 32 días para completar os fondos solicitados.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos