A asociación Retrousos escolmará 15 anos de recollida nun disco

O proxecto do colectivo de Bueu farase realidade logo do éxito do seu crowdfunding

25/11/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A 24 días de fechar o prazo, a asociación Retrousos de Cela (Bueu) ten xa 2.556 euros fronte aos 1.600 que solicitaba na plataforma de crowdfunding Verkami. O colectivo cumprirá así o seu obxectivo, editar Elelelos, un traballo discográfico que escolmará 15 anos de traballos de recollida de tradición oral no concello. O álbum, que sairá o vindeiro mes de febreiro e para o que aínda se poden achegar fondos, inclúe as gravacións orixinais con fichas dos informantes sobre estes temas canda a 12 temas deste patrimonio interpretados por membros da propia asociación.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bueu, Tradición oral, Camilo José Cela

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares