Dúas novas propostas musicais apostan polo crowdfunding

O novo disco de Ulträqäns e o primeiro de Trilitrate buscan apoios na rede

23/12/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
3 lecturas | Compartido 0 veces
Logo do éxito do seu primeiro traballo, o grupo Ulträqäns está a ultimar a gravación do seu segundo traballo entre os estudios Amil da Coruña e os composteláns A Ponte. O grupo solicita agora, a través da plataforma de crowdfunding Verkami, apoio ao seus siareiros para editar este traballo na primavera de 2014. O proxecto achega recompensas que van desde un disco en formato dixital ata un concerto en calquera festival interesado. De xeito paralelo, Trilitrate, unha formación nada en 2012, está tamén a pedir mediante esta plataforma os 1.700 euros que precisa para editar mil copias do seu primeiro disco, Faláchesme na man, que estiveron a gravar ao longo deste mes.

Universo culturagalega.gal

05/05/2011

Chegan os Ulträqäns

O primeiro traballo do grupo aposta pola fusión folk e reivindica o estilo steampunk

Contextos

Claves

Conceptos