Clave de Fado abre Xanelas

O grupo desenvolve este verán a xira de presentación do seu primeiro disco

| Santiago. Redacción | Seccións: Mega
Compartir:
Clave de Fado abre Xanelas

Logo de reunir máis de 5.000 euros mediante a plataforma de crowdfunding Verkami, Clave de Fado acaba de pór na rúa o seu primeiro disco. Xanelas segue a liña de música lusófona, fundamentalmente fados, que caracteriza o trío desde os seus comezos en 2009. Iria Estévez, Paco Dicenta, Pepe Piña e Gonzalo Piña interpretan desde fados canónicos ata versións de Rosalía de Castro ou José Afonso. De xeito paralelo á gravación do álbum no estudio Son Natural, Iria Estévez gravou tamén un disco de nanas tradicionais destinado exclusivamente aos patrocinadores deste proxecto. Boiro, o 14 de agosto, o mosteiro portugués de Sanfins o 22 e Gondomar o 23 son as vindeiras paradas da xira de presentación.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Portugués, Boiro

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares