Con Fado com outro acento María do Ceo presenta o seu disco máis portugués

A cantante reivindica o seu acento raiano na interpretación de fados clásicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Con Fado com outro acento María do Ceo presenta o seu disco máis portugués

Cunha longa traxectoria artística ás súas costas a cantante ourensá de orixe portuguesa María do Ceo presenta hoxe o seu novo disco Fado com outro acento (Zouma, 2012) gravado en Lisboa. Un disco totalmente de Fado, cantado en portugués, no que a artista mergúllase nas súas raíces a través de trece fados a maioría deles tradicionais e dous deles compostos para o disco polo seu compositor habitual, Armando González: A menina das calças pardas e Cántame un fado minhoto. Un disco no que María canta a Luis de Camoes, Amalia Rodrigues, Vasco Macedo, Arlindo de Carvalho, Armando Gonzalvez ou Alberto Janes entre outros. Destacan interpretacións como a da canción María la portuguesa, coñecido tema de Carlos Cano, cantado nunha versión en portugués. Participaron na gravación, José Manuel Neto na guitarra portuguesa, Miguel Gonçalves coa guitarra clásica e Daniél Pinto no Baixo. O Nome do disco ven dado pola peculiaridade do acento da cantante na súa condición raiana entre o luso e o galego, condición reivindicada no tema Cántame un fado minhoto.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Clásicos, Lisboa, Lingua galega

Claves

Lugares