María do Ceo presenta De Portugal a Galicia Fado

O duplo CD fai un percorrido pola música das dúas bandas da raia

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
María do Ceo presenta De Portugal a Galicia Fado

Un duplo CD marca o álbum número doce da carreira de María do Ceo. De Portugal a Galicia fado achega nun dos seus discos unha selección de clásicos da música portuguesa, mentres o segundo se dedica integramente a coñecidos temas desta banda da raia como Negra Sombra, Quen poidera namorala ou Lela entre outros. Gravado no estudio Edisco da Estrada, a cantante conta con colaboracións musicais como as de José Manuel Neto, Miguel Gonçalves, Filipe Pereira, Ricardo Morente ou Hector Martínez. O álbum preséntase en formato libro-disco a incluír as letras das cancións e unha introdución de Xesús Alonso Montero. O proxecto está autoeditado, e foi financiado mediante crowdfunding. A presentación oficial será o vindeiro 22 de xaneiro no compostelan Hotel Araguaney.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Xesús Alonso Montero, Clásicos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares